viernes, 20 de febrero de 2015

M.


O día dorme, moi amodiño, mentres miro para ti. As horas pasan, paseniño, mentres empezo a conocer a túa espalda espida, que me saluda a cada mirada de unha forma diferente. 

Cerro os ollos, e a túa respiración ensíname a dormir profundamente, a soñar con algo diferente, a evadirme lonxe. a olvidarme de que, por non saber, non sei nin quen son (está a ser algo raro).

Desperto e complícaseme pensar, porque non hai nada que controlar. Asique, que carallo, voume a abrazar a ese bico que me destes sin conocerme, para conocerme, para quererme sin querer querendo, un pouco, por unha noite.

Será o calor que traes de onde vés, o que me tapa do frío.
Será a fame que pasaches que me saca as ganas de comer.
Será, que por ser, fasme existir sin un porqué, fasme chorar sin querer, fasme querer sin chorar.
Fasme cantarche sin voz, fasme escribirche cos pés, fasme rabuñarche un corazón na espalda, que non promete nada, pero que quere todo.

Fasme rir descubrindoche desde a distancia. Fasme estar en vela recordando. Fasme bailar soñando.


Non sei se son eu ou és ti pero, cariño, non se está tan mal así.