viernes, 13 de noviembre de 2015

Para ti.

"Hai días nos que non me chega todo o teu armario para sentirte aquí.
Porque eu, sin saber quen fun, son ti. Sin querer, xogando..."






Hai xente que pinta caras pero eu son máis do bando que escribe sorrisos.

Desas que se quedan analizando que dirección toman as comisuras.

Das que se dormen en cada mirada, pensando no porqué. 

Sonche, sí, desas poucas, que che reclaman nos silencios, galopantes.

Que che abrazan, incesantes, de maneira un tanto ficticiamente eterna. 




Vélame nas noites, como morta en vida.

Como mosca caída no teu regazo. 



Que se me torce o voo, caio en picado.

Fúndome nas areas movedizas da incertidume,

consúmome polo zume dos bos días sen ti.





Asique acompáñame nas noites,

Aliméntame con cafeína os párpados dunhas pupilas dilatadas vixiándote, entre suspiros.

Cálmame a sede de cariño, que sin ti, non son, nin ahora nin nunca.






"Entón, despois do ritual dos días sin ti, intentarei soñarte abrazado a min, como aquel día no que xogamos a querernos moito".