jueves, 7 de enero de 2016

Kawsachiy.

Sobre que é amar hai varias teorías, das que máis comparto serían algo así como...
"amar é pasarse unha semana perdido nunha casa remota só con unha cama, drogas e con esa persoa especial". - Anónimo


Pasaríame a vida aloumiñándoche.


1.
Sóla, en unha casa remota. Hai días que estaría así.
Sin tempo, sin roupa, sin comer...sedenta perseguindo ese instante de plenitude a nivel espiritual. Aprobeitando ese fío de luz, ata que se rompese.
Estimulándome ó son das notas escribiría, pintaría incluso. Cantar? Non sería capaz. A maxia está nese silencio irrompible.



2.
Hai momentos, hai noites (máis ben) e días (algún) que son só para ti (para min, quero dicir).
Si, non sei como explicalo, ese momento estúpido e insignificante no que zarapastrosa e cotroñenta te te tomas un té mentres ves unha friki conferencia sobre bioneuroemoción ou vaite ti a saber.



3.
Teño que recoñecer que a veces sí, son algo bicho. Pero e que non podo evitalo, danme escalofríos solo de pensar no que pode pasar hoxe...estou pletórica!



4.
"Ese escalofrío que precede a tormenta sensorial. É ese o impulso polo que deberíamos movernos. Debería ser o que nos empuxase a perder o medo de afastarnos de nós mesmos, na oscuridade da noite.
Sen límites, lonxe."



5.
Cariño, tiven que sacar os cascos para oír como respirabas e ó escoitarte, case che como a bicos.



7.
"Why, why can't this moment last forever more. Tonight, eternity it's an open door."



8.
E viñeches, para lamberme as feridas. E coa túa saliva curouse o pasado, que pouco a pouco vai quedando atrás. Dentro dos teus abrazos non existen medos, dentro de tí sólo hai paz.


Contigo

vivo nunha casa remota,
que me aloumiña, 
que me canta en silencio para que descanse tranquila,
que me inspira, que me fai pintar,
que convirte os bicos en euforia,
que me revolve o corpo de diante a trás,
e que me empuxa ó ambismo de un Universo, cheo

de amor
de posibilidades
de momentos irrecuperables 
de noites e dias a cámara rápida

Contigo.




Aloumiñaríate a versos toda a vida.