martes, 27 de septiembre de 2016

1 o'clock up in the morning.

Sobre que é o amor, tería moitas teorías. 

Sobre por qué se formou o Universo, tamén.

Sobre a razón pola cal escribo, existen outras.


Mais eu hoxe, solo dunha cousa estou segura.


O secreto inaccesible a todos, foime revelado.

A verdade implícita nas pequenas cousas, faloume de ti.

E con a duras penas un fío de voz contoume o que xa sabía.

Explicoume tamén o que non quería, o que máis doía.

Pero doume alento a seguir.


A sinceridade, fixo un camiño. 

O meu corazón, abreuse un pouquiño. 

E a vida, empuxoume, unha vez máis, a vivir.