Sabes de onde?
Dende alí,
dende o fondo,
dende onde gardo
as noites contigo
e os minutos esperando por ti
e os segundos abrazados antes de dormir
Dende alí,
onde quedan para sempre os sorrisos
e as broncas tontas
que nos facían acumular
as horas de amor
e apuntárnolas
e debérnolas
e dárnolas todas xuntas
Onde os recordos
o sabor a sal
e os poemas
e as cartas
e as notas
e os debuxos no espello
se acumulan e arquivan
dándolle sitio a un mundo mellor
Un mundo de amor
de dar e recibir
de non esperar
de simplemente amar
(Prometo que dende que te fuches
fixen terapia
e apartei a túa roupa a un caixón
que concentra o olor a ti
que me fai máis levadeiras
as horas sen luz e sen ti)
Pero ríome mentres me mollan as bágoas
porque non hai nada do que nos poidamos arrepentir
O noso amor fíxonos mellores
E nada máis se pode pedir
Dende onde non me podes bloquear
/dende o corazón/
gracias
por deixarme ensinarche
o meu humilde yoga.
jueves, 30 de marzo de 2017
lunes, 20 de marzo de 2017
#DïaDaFelicidade
O desapercibido do cotiá,
a loucura da maior excentricidade
a controversia dun berro mudo
e da telequinesia dunha danza coxa
que é bailada en silencio
-Sentir o que non tes
e o que che sobra-
A éxtase dun momento de inocencia pura
colmada de liberdade
e de paixón
Descubrir cal é a maxia
que che fai flotar
hacia un lugar profundo
e escondido
no medio dunha vida felizmente común.
Os retais que ninguén comprende
as balas na recámara
e a colección de sorrisos
que gardas con orgullo.
Unha receita imborrable
que dormirá contigo
para sempre.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)