martes, 2 de mayo de 2017

Inspiration.

A vergoña dos meus versos espidos
nun horizonte en branco
créame unha incertidume melódica 
que anticipa unha caída en picado

Ay o baile, o vaivén dos días
As noites en vela que me rebelan
estratexias de conquista muda
de creacións místicas
de conexión co universo 

E fuxo a mundos lonxanos 
que dormen no meu balcón
que me fan garda nas noites de loucura
que me acunan nesta repetida paixón

Píllame a lúa inspirada
e aprovisionada de papel 
Cólleme o amencer delirando
Bébedas cancións paganas

Sedúcenme os feitizos 
Mortos nas fogueiras 
Invádenme os recordos 
dunha vida que non vivín

E fuxo a mundos lonxanos 
que dormen no meu balcón
que me fan garda nas noites de loucura
que me acunan nesta repetida paixón