Hai amores que olen a Nenuco;
que inspiran,
que irritan,
que sorrín,
e que din adiós.
Hai amores que veñen en botes con instruccións;
que explican,
que enseñan,
que se derraman,
e que se acaban.
Hai amores incluso con recomendacións de uso,
indicados para o verán,
para períodos de transición,
para otoño.
(que se estropean fóra de temperatura).
Cuidado, pois, con esos amores, que a pesar de ter o bote grande sigue a ser colonia para nenos.
viernes, 9 de enero de 2015
9/01. S.
Porque ó final só te arrepintes das fotos que non sacastes,
das cancións que non cantastes,
e dos bicos que non destes.
Sin medias tintas.
Pero dábanos medo querer.
Dábanos medo condenarnos a mirarnos con ternura,
polas mañáns,
polas tardes,
e polos medios días.
Entonces poñíamos excusas.
Moi elaboradas teorías que nos serviron para que pasara o tempo
os días,
as semanas,
os meses....pero nunca en balde.
Que hoxe, a 9 de Enero, despois de 9 días, decidimos acabar o que nunca empezáramos, porque xa non sentíamos o que nunca existira.
Hoxe deixámolo cansados de autoengañarnos e "te quiero" sonou a "adiós" e viceversa.
E, aclarados, liámonos para celebralo pero xa non era o mismo;
Xa non valía de nada sacarse fotos,
nin cantar aquelas cancións,
nin darse máis bicos.
Que as cousas veñen solas e hoxe, sin habelo planeado, a vida doume motivos para escribirche.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)