viernes, 9 de enero de 2015

9/01. S.

Porque ó final só te arrepintes das fotos que non sacastes,
das cancións que non cantastes,
e dos bicos que non destes.

Sin medias tintas.

Pero dábanos medo querer.
Dábanos medo condenarnos a mirarnos con ternura,
polas mañáns,
polas tardes,
e polos medios días.

Entonces poñíamos excusas.
Moi elaboradas teorías que nos serviron para que pasara o tempo
os días,
as semanas, 
os meses....pero nunca en balde.

Que hoxe, a 9 de Enero, despois de 9 días, decidimos acabar o que nunca empezáramos, porque xa non sentíamos o que nunca existira.

Hoxe deixámolo cansados de autoengañarnos e "te quiero" sonou a "adiós" e viceversa.

E, aclarados, liámonos para celebralo pero xa non era o mismo;

Xa non valía de nada sacarse fotos,
nin cantar aquelas cancións,
nin darse máis bicos.

Que as cousas veñen solas e hoxe, sin habelo planeado, a vida doume motivos para escribirche. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario