Digan o que digan,
prometo negalo todo
cun sorriso na boca
de quen non da aguantado sequera a mentira piadosa
que xoga ca paciencia
dos que se din sans.
Ninguén se enterará que che comezo a escribir
a escondidas de min mesma
non se percatarán
que a tolemia a veces
ten un apelido diferente
e que as olleiras levan o nome
da túa ausencia.
Porque ás veces
lembro
que te comezo a querer
e tal disparate dame para sete noites en vela
e cincuenta cancións desafinadas e inconexas
arroutadas e desafogadas
notas sen razón de ser
que xogan a ser algo por uns intres
coma ti e eu
cando sen querer nos damos a man.
Kawsachiy.
jueves, 30 de noviembre de 2017
sábado, 4 de noviembre de 2017
/Edinbrá/
Viaxar significa sempre
aceptar un cambio
actualizar o presente
atrevéndote coa incertidume
vertixinosa e acelerada
dos acontecementos que nos sobrepasan
dos minutos que faltan,
e dos que sobran.
Viaxar quere decir atopar unha banda sonora
que faga de cada día unha película
con final aberto
Implica xogar a ver con outros ollos
e a soñar sobre outras almofadas
e a embriagarse do silencio doutras noites
de xeito insaciable
coma quen nunca antes viviu
Supón deixar de cuestionar os pasos
e saltalos, correlos, voalos
Significa atopar unha casa de acollida
cun corazón á metade
que te espera
sen pedir nada a cambio
Despertar
e sorprenderse coa xenerosidade dos días
ser conscientes de canto tempo temos
para tomar decisións
que nos fagan realmente felices.
O sabor dunha aventura,
e o recendo dun recordo.
A cicatriz dunha viaxe,
e dunha casa que xa non nos recoñece
A tatuaxe dun ultimo suspiro
antes de voltar.
Aínda que volver non asegura nada
cando xa deixastes un cachiño de ti atrás.
aceptar un cambio
actualizar o presente
atrevéndote coa incertidume
vertixinosa e acelerada
dos acontecementos que nos sobrepasan
dos minutos que faltan,
e dos que sobran.
Viaxar quere decir atopar unha banda sonora
que faga de cada día unha película
con final aberto
Implica xogar a ver con outros ollos
e a soñar sobre outras almofadas
e a embriagarse do silencio doutras noites
de xeito insaciable
coma quen nunca antes viviu
Supón deixar de cuestionar os pasos
e saltalos, correlos, voalos
Significa atopar unha casa de acollida
cun corazón á metade
que te espera
sen pedir nada a cambio
Despertar
e sorprenderse coa xenerosidade dos días
ser conscientes de canto tempo temos
para tomar decisións
que nos fagan realmente felices.
O sabor dunha aventura,
e o recendo dun recordo.
A cicatriz dunha viaxe,
e dunha casa que xa non nos recoñece
A tatuaxe dun ultimo suspiro
antes de voltar.
Aínda que volver non asegura nada
cando xa deixastes un cachiño de ti atrás.
miércoles, 5 de julio de 2017
Peponi.
"Hai areas que se che pegan á pel e tardan en deixarse levar polo vento, é por iso que estes días aínda teño o deserto debaixo da almofada".
E complicado comezar a escribir cando aínda non terminaches de viaxar, cando a túa cabeza se quedou nun estado de asimilación complexo. Pero que a eternidade das letras sexa o que salve estos recordos, que constrúan un presente eterno, que sexan unha porta ó pasado nun futuro nublado por novos horizontes.
Marrocos, 3 - 11 de Xuño de 2017.
Agora, sentada a posteriori, non paro de intentar rememorar as sensacións, as cancións, a temperatura, e o olor dese marabilloso continente de acollida. Fun en busca de "peponi", que en suahili significa "paraíso", e atopei en vida o que moitos anhelan despois da morte. O nirvana é enerxía, que che move tan forte que non deixa opción ó medo, que che fai só dudar por costume, pero que che arrastra e che contaxia de soños, de colores, de sorrisos. Peponi marcou con fortes tambores unha melodía que non son capaz de deixar de bailar.
Por coincidencia, unha loira que me acompañou na viaxe tiña tatuado no brazo "kabila", que según dixo significa tamén en suahili "fogar". E iso foi no que se transformaron un grupo de cinco persoas e un fiat punto durante a miña aventura persoal, nun cobixo, nunha familia.
Non paro de mirar o móbil, porque sacar de dentro ó principio costa, parece que se queren quedar nun pozo as historias, vergoñosas de seren contadas, pero ben sei que ata que remate, o destino non me deixará continuar. Porque precisa ser humildemente expresado, Peponi quere ter voz neste corazón, que aínda non atopa notas para cantarlle como se merece.
Será a forma de ver que teño nos ollos ou será que a lúa chea mos fai brilar demáis, pero alí no alto o vento deixou de atizar, e xuraría que se parou o tempo por uns intres, se pecho os ollos creo poder lembrar, como intentamos meditar todos xuntos, e como despois continuei soa, libre, máis dona do mundo que de min mesma.
É unha terra de tradición na que co coñecemento dunhas poucas palabras máxicas te podes adentrar na vida de calquer mirada descoñecida. "Salam!" é unha das chaves que abre as primeiras portas de acceso a unha cultura irmá, que nos recorda tempos pretéritos de convivencia e intercambio, que van escritos na nosa historia, perdidos entre as mil polas da nosa árbore xenealóxica.
E as mil noites, e as mil historias.
Teño que decir que o meu nivel de árabe avanzou notablemente, xa que agora ata sei dicir que teño unha voz bonita, e a verdade e que dende que volvín morro do gusto cada vez que me oio, e non se esconde narcisismo nesta frase, senón unha identidade trucada que leva tempo buscando un camiño de volta á kabila.
"Non sodes super felices?". E sí, como non o íbamos a ser se nos regaban diariamente con centos de excusas perfectas.
A morriña, aínda que inevitable, tardou en chamarnos de volta, nun mundo onde cando frotas unha lámpara sae te de menta, onde as contradiccións, contraposicións e choques están á orde do día, desorganizando ata ó máis ordenado, e obligándoche a confiar no curso da vida, e menos mal que somos galegos, e alí onde vaiamos, "maloserá".
martes, 2 de mayo de 2017
Inspiration.
A vergoña dos meus versos espidos
nun horizonte en branco
créame unha incertidume melódica
que anticipa unha caída en picado
Ay o baile, o vaivén dos días
As noites en vela que me rebelan
estratexias de conquista muda
de creacións místicas
de conexión co universo
E fuxo a mundos lonxanos
que dormen no meu balcón
que me fan garda nas noites de loucura
que me acunan nesta repetida paixón
Píllame a lúa inspirada
e aprovisionada de papel
Cólleme o amencer delirando
Bébedas cancións paganas
Sedúcenme os feitizos
Mortos nas fogueiras
Invádenme os recordos
dunha vida que non vivín
E fuxo a mundos lonxanos
que dormen no meu balcón
que me fan garda nas noites de loucura
que me acunan nesta repetida paixón
jueves, 30 de marzo de 2017
De onde non me podes bloquear.
Sabes de onde?
Dende alí,
dende o fondo,
dende onde gardo
as noites contigo
e os minutos esperando por ti
e os segundos abrazados antes de dormir
Dende alí,
onde quedan para sempre os sorrisos
e as broncas tontas
que nos facían acumular
as horas de amor
e apuntárnolas
e debérnolas
e dárnolas todas xuntas
Onde os recordos
o sabor a sal
e os poemas
e as cartas
e as notas
e os debuxos no espello
se acumulan e arquivan
dándolle sitio a un mundo mellor
Un mundo de amor
de dar e recibir
de non esperar
de simplemente amar
(Prometo que dende que te fuches
fixen terapia
e apartei a túa roupa a un caixón
que concentra o olor a ti
que me fai máis levadeiras
as horas sen luz e sen ti)
Pero ríome mentres me mollan as bágoas
porque non hai nada do que nos poidamos arrepentir
O noso amor fíxonos mellores
E nada máis se pode pedir
Dende onde non me podes bloquear
/dende o corazón/
gracias
por deixarme ensinarche
o meu humilde yoga.
Dende alí,
dende o fondo,
dende onde gardo
as noites contigo
e os minutos esperando por ti
e os segundos abrazados antes de dormir
Dende alí,
onde quedan para sempre os sorrisos
e as broncas tontas
que nos facían acumular
as horas de amor
e apuntárnolas
e debérnolas
e dárnolas todas xuntas
Onde os recordos
o sabor a sal
e os poemas
e as cartas
e as notas
e os debuxos no espello
se acumulan e arquivan
dándolle sitio a un mundo mellor
Un mundo de amor
de dar e recibir
de non esperar
de simplemente amar
(Prometo que dende que te fuches
fixen terapia
e apartei a túa roupa a un caixón
que concentra o olor a ti
que me fai máis levadeiras
as horas sen luz e sen ti)
Pero ríome mentres me mollan as bágoas
porque non hai nada do que nos poidamos arrepentir
O noso amor fíxonos mellores
E nada máis se pode pedir
Dende onde non me podes bloquear
/dende o corazón/
gracias
por deixarme ensinarche
o meu humilde yoga.
lunes, 20 de marzo de 2017
#DïaDaFelicidade
O desapercibido do cotiá,
a loucura da maior excentricidade
a controversia dun berro mudo
e da telequinesia dunha danza coxa
que é bailada en silencio
-Sentir o que non tes
e o que che sobra-
A éxtase dun momento de inocencia pura
colmada de liberdade
e de paixón
Descubrir cal é a maxia
que che fai flotar
hacia un lugar profundo
e escondido
no medio dunha vida felizmente común.
Os retais que ninguén comprende
as balas na recámara
e a colección de sorrisos
que gardas con orgullo.
Unha receita imborrable
que dormirá contigo
para sempre.
lunes, 12 de diciembre de 2016
Sandcastles.
Escarbei as entrañas da caña, pero non quedaba azucre que refinar.
E quen quere almorzo sen café para dous.
Enfriou a taza dos recordos,
aínda que está quente este inverno
aínda vestido con follas
que se resisten contra o vento
que se enfrontan a aceptar unha nova estación.
E removo con un pau,
o fondo do vaso
o repouso dun amor
que sabe a final e a principio
que se queda abandonado atrás
sen saber que facer.
Que pasa a ser a vergonza dun galego,
co sabor a porcelana rota
dun sorbo intenso,
coma quen alarga a apocalipse
dun último trozo.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)