jueves, 30 de noviembre de 2017

Jey-em

Digan o que digan, 
prometo negalo todo
cun sorriso na boca
de quen non da aguantado sequera a mentira piadosa
que xoga ca paciencia
dos que se din sans.

Ninguén se enterará que che comezo a escribir
a escondidas de min mesma
non se percatarán
que a tolemia a veces
ten un apelido diferente
e que as olleiras levan o nome
da túa ausencia.

Porque ás veces
lembro
que te comezo a querer
e tal disparate dame para sete noites en vela
e cincuenta cancións desafinadas e inconexas
arroutadas e desafogadas
notas sen razón de ser
que xogan a ser algo por uns intres
coma ti e eu
cando sen querer nos damos a man.

No hay comentarios:

Publicar un comentario