Viaxar significa sempre
aceptar un cambio
actualizar o presente
atrevéndote coa incertidume
vertixinosa e acelerada
dos acontecementos que nos sobrepasan
dos minutos que faltan,
e dos que sobran.
Viaxar quere decir atopar unha banda sonora
que faga de cada día unha película
con final aberto
Implica xogar a ver con outros ollos
e a soñar sobre outras almofadas
e a embriagarse do silencio doutras noites
de xeito insaciable
coma quen nunca antes viviu
Supón deixar de cuestionar os pasos
e saltalos, correlos, voalos
Significa atopar unha casa de acollida
cun corazón á metade
que te espera
sen pedir nada a cambio
Despertar
e sorprenderse coa xenerosidade dos días
ser conscientes de canto tempo temos
para tomar decisións
que nos fagan realmente felices.
O sabor dunha aventura,
e o recendo dun recordo.
A cicatriz dunha viaxe,
e dunha casa que xa non nos recoñece
A tatuaxe dun ultimo suspiro
antes de voltar.
Aínda que volver non asegura nada
cando xa deixastes un cachiño de ti atrás.
No hay comentarios:
Publicar un comentario