lunes, 12 de diciembre de 2016

Sandcastles.

Escarbei as entrañas da caña, pero non quedaba azucre que refinar.

E quen quere almorzo sen café para dous.


Enfriou a taza dos recordos, 

aínda que está quente este inverno

aínda vestido con follas

que se resisten contra o vento

que se enfrontan a aceptar unha nova estación.


E removo con un pau,

o fondo do vaso

o repouso dun amor

que sabe a final e a principio

que se queda abandonado atrás

sen saber que facer.


Que pasa a ser a vergonza dun galego,

co sabor a porcelana rota

dun sorbo intenso,

coma quen alarga a apocalipse

dun último trozo.


jueves, 13 de octubre de 2016

Outubro.

Córtame o aire na cara e aínda non empezou o inverno. 

Alimentándome de néboas de luns, bastas e espesas.

Dormindo en maleteiros entreabertos, en basura cheirenta, nunha vida común. 


Queda na ventá, saludando as horas que pasan.

Melancolía barata, resaca en bata.


Parada nun retrouso, na ironía dunha rima incesante. 

Buscando palabras nun café xa frío, cortado polo outono, caduco como as follas dunha árbore perenne.



Dun ventre sen descendencia.

Dunha historia olvidada.

Dunha vida sen pilas.

E dun reloxo un tanto sádico.



A veces, levantarse, é un traballo sin remuneración.

martes, 27 de septiembre de 2016

1 o'clock up in the morning.

Sobre que é o amor, tería moitas teorías. 

Sobre por qué se formou o Universo, tamén.

Sobre a razón pola cal escribo, existen outras.


Mais eu hoxe, solo dunha cousa estou segura.


O secreto inaccesible a todos, foime revelado.

A verdade implícita nas pequenas cousas, faloume de ti.

E con a duras penas un fío de voz contoume o que xa sabía.

Explicoume tamén o que non quería, o que máis doía.

Pero doume alento a seguir.


A sinceridade, fixo un camiño. 

O meu corazón, abreuse un pouquiño. 

E a vida, empuxoume, unha vez máis, a vivir.

jueves, 11 de agosto de 2016

Under the stars.

Nunca che contei o que de verdade soñaba, 

É un segredo gardado con chave.

Son liberdades que me tomo.

Cancións olvidadas que soan distantes.

É enerxía acumulada preparada para despegar.


E un sendeiro cheo de xirasois,

son as ganas de comerme o mundo. 

E a melodía dun tema aínda por compoñer. 


Son as noites de verán as que me fan creer, 

que todo pode ser. 





martes, 31 de mayo de 2016

M.



E bailan os pelos no brazo, salúdante ó son do silencio. Un a un, en canon.

Absórvenos a oscuridade ata desaparecer.

Maréanse as ideas na lavadora.

Matízanse os pensamentos nun lienzo por comezar. 


Non existe.
                          a temperatura.
Os días.
                       adormilaron.


Rendirse ó presente, aquí e agora,  é a única solución.
               


sábado, 26 de marzo de 2016

Adventures of a lifetime.

Abrín o frasco e olía a verán. A sábanas novas e a soños mollados. A area nos pés. E a miña nariz abrazouse a él, ata saciar a sede de ti. Pero o aroma esparceuse pola habitación e escapouse polo oco da ventá, inundando a cidade de ilusión.

Os recordos dormen no balcón, esperándote.

E sí, teño a boca pequena pero satisfeita de comer o calendario a bicos. De pasar as horas creando mil ideas que cubran a túa ausencia, que me enchan os reloxos sen ti. 

Qué máis da, se é contigo.

Afogan as palabras na tinta. Busca o lapiceiro compañeiros para matar o rato. Agóchanse todas entre liñas, que non din nada. Porque só queren mirarte mentres as buscas. Só queren recordarte así, mimándoas inocentemente. 

Deixa que nos desnuden os pensamentos e que se unan os espritos.

Coma aquela vez. Que sobran as ganas de amarse pero falta tempo para mirarse, calados, mareados pola presión dun momento realmente puro. 

E o final, recordarános un principio, cheo de inocencia e ganas de máis. De coincidencias non premeditadas.           


                            - Of adventures of a lifetime. 











jueves, 7 de enero de 2016

Kawsachiy.

Sobre que é amar hai varias teorías, das que máis comparto serían algo así como...
"amar é pasarse unha semana perdido nunha casa remota só con unha cama, drogas e con esa persoa especial". - Anónimo


Pasaríame a vida aloumiñándoche.


1.
Sóla, en unha casa remota. Hai días que estaría así.
Sin tempo, sin roupa, sin comer...sedenta perseguindo ese instante de plenitude a nivel espiritual. Aprobeitando ese fío de luz, ata que se rompese.
Estimulándome ó son das notas escribiría, pintaría incluso. Cantar? Non sería capaz. A maxia está nese silencio irrompible.



2.
Hai momentos, hai noites (máis ben) e días (algún) que son só para ti (para min, quero dicir).
Si, non sei como explicalo, ese momento estúpido e insignificante no que zarapastrosa e cotroñenta te te tomas un té mentres ves unha friki conferencia sobre bioneuroemoción ou vaite ti a saber.



3.
Teño que recoñecer que a veces sí, son algo bicho. Pero e que non podo evitalo, danme escalofríos solo de pensar no que pode pasar hoxe...estou pletórica!



4.
"Ese escalofrío que precede a tormenta sensorial. É ese o impulso polo que deberíamos movernos. Debería ser o que nos empuxase a perder o medo de afastarnos de nós mesmos, na oscuridade da noite.
Sen límites, lonxe."



5.
Cariño, tiven que sacar os cascos para oír como respirabas e ó escoitarte, case che como a bicos.



7.
"Why, why can't this moment last forever more. Tonight, eternity it's an open door."



8.
E viñeches, para lamberme as feridas. E coa túa saliva curouse o pasado, que pouco a pouco vai quedando atrás. Dentro dos teus abrazos non existen medos, dentro de tí sólo hai paz.


Contigo

vivo nunha casa remota,
que me aloumiña, 
que me canta en silencio para que descanse tranquila,
que me inspira, que me fai pintar,
que convirte os bicos en euforia,
que me revolve o corpo de diante a trás,
e que me empuxa ó ambismo de un Universo, cheo

de amor
de posibilidades
de momentos irrecuperables 
de noites e dias a cámara rápida

Contigo.




Aloumiñaríate a versos toda a vida.